Simboloxía Celta







  O número un: 
É a orixe da creación, o  núcleo de donde viñeron toda-las cousas.

 Círculo: 
É o símbolo máis simple. Representa a traxectoria do sol no ceo e simboliza a eternidade.

 Espiral: 
A espiral simple é un dos símbolos máis antigos. Representa ó sol.Cara a dereita é o sol do inverno que se encolle. Cara a esquerda é o sol crecente do vrán.

 O número dous:
Marca o equilibro entre forzas opostas: o ben e o mal, a vida e a  morte, a luz  e a escuridade.

 Espiral dobre: 
É a representación da dualidade das cousas. Representa tamén ó crecemento en relación có movemento do cosmos. Símbolo da vida eterna.


  O número tres:
Era sagrado, o máis importante na cultura celta. Para eles as cousas importantes formaban grupos de tres, como por exemplo a trinidade que formaban alguns dos seus deuses; o ciclo da vida, formado polo nacemento, a morte e a reencarnación; ou os tres elementos fundamentais do universo celta, a terra, o auga e o aire.

 Espiral da Vida: 
É unha espiral triple. Representa a crenza de que a vida movíase en ciclos eternos. A espiral triple daría orixe a outra figura coñecida:O Trisquel.

 Trisquel:
Son tres brazos unidos nun punto central. Os brazos do Trisquel supoñen a unión dos tres elementos fundamentáis dentro do cosmos celta: a terra, o auga o aire.

 Símbolo da Caldeira:
 É unha espiral triple metida nun círculo. Representa a transformación cara o coñecemento, la poción que a deusa Ceridwen elaborou no seu caldeiro pra transformar en sabio ó seu filloTaliesin.



 O número catro:
Representa ás catro esquinas da terra, as catro direccións do mundo físico.

 Tetrasquel: 
É unha espiral de catro brazos unidos por un punto central. Representa polo tanto á unión das catro direccións da terra.

 Roda do Ser:
Son catro círculos representando as catro direccións da terra, unidas por un quinto círculo como núcleo común. 

O número cinco:
Representa os cinco elementos do universo (terra, auga, aire, fogo e espírito). Tamén as cinco etapas da vida (nacemento, xuventude, idade adulta, vellez e morte).

 Pentagrama: 
Os pentagramas son símbolos esotéricos, que teñen que ver có movemento de Venus e os seus ciclos esteares. É unha estrela de cinco puntas que marcan os cinco elementos do universo, o círculo que a bordea significa a continuidade e a conexión entre eses elementos.